viernes, 22 de noviembre de 2024

LECTURAS COMPARTIDAS POLO 25 N

Hoxe, Martín e Mara de 4º E.P, viñeron a lernos un conto,"O chuvasqueiro de Aurora". Un libro imprescindible para traballar a violencia de xénero cos nenos e as nenas.

Un monstro chega a casa de Aurora todas as noites atemorizando á nena e a súa nai. Aurora síntese indefensa e asustada, e a súa nai regálalle un chuvasqueiro máxico para que faga desaparecer o medo que o envolve todo. Será suficiente? Poderá un chuvasqueiro axudar á protagonista deste conto? 




Grazas chicos, encantounos!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

FROITA DO MES DE NOVEMBRO

COMEZA O CURSO 2025-2026